RÍO BARBAÑA  EN OURENSE.  UNHA POCILGA NO  2000

HOXE 2010 MORTO... SEICA QUE NO 2027 ESTARÁ LIMPO

mapbar.jpg (43465 bytes)

Río Barbaña, xunto co río Miño e o río Loña os ríos da cidade de Ourense.

O Río Barbaña foi no ano 2000 e anteriores,  e sigue sendo, no ano 2010, un dos  grandes problemas de Ourense.

Puntos negros: Polígono Industrial de San Ciprián ,Poligono Barreiros e máis de 40 cañerías que vertían directamente no río, auténtica merda, mexos, augas fecais..., todo tipo de bolsas, plásticos, de todo...

Realmente una auténtica pocilga...Eso era no 2000. Hoxe no 2010 son menos os verquidos, pero o río Barbaña está morto. Neste ano 2010 levamos seis contaminacións. Nunha delas non quedou ser vivo no río...

O río Barbaña é unha materia pendente de tódolos alcaldes de Ourense dende 1950. O penoso, é,  que esta materia inda está pendente hoxe no 2010 e parece seguira ata o 2027. (da a risa...)

Ver ou copiar este pps que fixen a petición da A.A. Veciños Parque Barbaña ( 12.516 kB.) e dedicado a reivindicar un río Barbaña limpo e con vida. Foi feito en abril do ano 2005. 

 

Vexamos un pouco da historia do Barbaña, partindo do 2000.

Foto para a posterioridade 27-06-2000.

(O Sr. Balderrábano, o Alcalde Manuel Cabezas e Rodriguez Cid.)

En xullo do ano 2.000 hai un proxecto sobre o río Barbaña e tamén sobre o río Miño que pudo ser a salvación deste río. Si ese proxecto se levara a cabo, realmente, o alcalde Manuel Cabezas pasaría, para mín, á historia de Ourense e ó corazón de moitos ourensáns. Dende esta páxina www estuven moi atento o seu cumplimento.

O proxecto decía rematará ( ó parecer)  con auténtica vida no río Barbaña, sin verquidos, depurando as súas augas, sin malos cheiros, en concreto e simplificando    "O RÍO BARBAÑA VOLVERÁ A SER UN RÍO NESTA DÉCADA".

Eso foi o que dixeron.  E así queda reflexado.

A verdade é que o que dixeron non  foi de todo certo, inda que se fixo moito.

Río Barbaña en Ourense cidade, contaminado día sí e día tamén...

Estos eran os datos:

Resultado: instalar 7.030 metros de colectores secundarios e 925 metros de colectores interceptores.

Según os responsables da ciudade " O río Barbaña volverá a ter vida ..."

Decía Alfonso Balderrábano, Delegado da Confederación Hidrográfica do Norte,  "No se si llegará a haber ciprínidos, pero sin duda los salmónidos, que no salmones,  dado que estos necesitan una escala, volveran a poblar esas aguas".

Esta última frase quixen entendela como que VAI HABER VIDA NO BARBAÑA,  xa que en canto a ciprínidos, salmónidos e vida fluvial a súa idea era ben pequena...

Habería unha inversión de 300 millóns para o ano 2000 no que estamos e 700 millóns para o 2001 e 400 millóns para 2002.

Resultado: instalar 7.030 metros de colectores secundarios e 925 metros de colectores interceptores

Que pasou estos anos ?, pois resumindo moito:  canalizouse moitímo, efectivamente metéronse os colectores secundarios e interceptores, acondicionáronse os paseos con máis ou menos gusto, tanto no Barbaña como no Barbañica. Quedaron algúns verquidos sin controlar, poucos. Pero o mal ben dos polígonos industriais, a depuradora de San Ciprián non funcionan ben e cada pouco o río contamínase, tanto que actualmente está morto.

24 de xuño do 2.009: morte total da fauna en 12 kms. Precisamente cando o río Barbaña comenzaba a ter vida...

Culpable inda hoxe non se sabe. Que si a depuradora de San Cìprián, si empresas do Polígono, en fin...

Sacos enteiros de bermelliñas, bogas, gobios, anguías, espiñentos, caranguesos americanos. Unha auténtica desfeita.

 

Neste ano 2010 van xa seis verquidos o río Barbaña.

Este aspecto na desembocadura do Barbaña é normal. A verdade é que a imaxen da pena...

Outra imaxen do penúltimo verquido, un máis...

Este é último, de onte día 18/12/2010. O problema é que non se sabe de onde ven: fálase do Parque Tecnolóxico, pero pode vir de moitos lugares, Parque Pereiro, polígono S. San ciprían, etc. Non se sabe si é tóxico ou non. Un auténtico desastre. Agora xa é unha costume...e a xente pasa e non ve a gravedade destos verquidos. Ademais van o río Miño inda por riba...

-----------------------------------------------

En decembro do 2010 temos esta noticia na prensa:

A verdade é que despois do anterior está noticia causa polo menos rabia, xa que levamos polo menos uns sesenta anos intentando depurar o río, deles,  dez anos intensivos gastando unha morea de cartos para que agora nos digan esto:

A mín paréceme esperpéntico.

Cada vez creo menos nos políticos, levo dende o ano 1997 tomando nota de cousas relacionadas cós ríos de Ourense, coa súa depuración e limpeza,  e a verdade é para chorar...

En fin limitareime a poñer esta noticia completa e a patalear...

Pois ala.. a esperar ó 2027 para ver o Barbaña como un río...

 

Saír                                             Salir