ALARMANTE SITUACIÓN DE LOS RÍOS de OURENSE

Loitar por uns ríos vivos, non mortos. Está é a razón da páxina.

A situación dos ríos galegos, en xuño do 2003 era  alarmante.             

O peor  é que non se fai nada... a favor deles.

Coñecer a  vida dos ríos é unha forma de amalos.

   

 

   "Galicia é unha terra onde o grao de contaminación dos ríos e a sobreexplotación das fontes de auga dos montes é alarmante. Constitue un dos principais problemas ecolóxicos a moita distancia, do panorama ecolóxico".

Carpas mortas (varios centos) o 4 de agosto do 2003 en Laias (Ourense) no río Miño, un feito máis entre centos de desastres, moitos deles que a xente nin se entera. Fai uns días pasou o mesmo no encoro das Portas no río Camba e así suma e sigue. O deterioro dos nosos ríos é incrible. O peor é que se está convirtindo en irreversible. (O autor da www ven denunciando estos feitos dende 1997, pero a Xunta nin caso...)

"A auga continental xoga un papel fundamental. O bosque é un elemento xerador de auga en moitas latitudes porque cumpre unha función esencial como regulador dos recursos hídricos e, en Galicia, e fonte de recursos hídricos..."

Hai unha gran ignorancia sobre o funcionamento da auga o que provoca que non sexa unha das principais preocupacións medioambientais e cal é un dato preocupante"

"En xeral entre a cidadanía existe a crenza de que na nosa comunidade non debemos preocuparnos pola escaseza de auga e das súas condicións, quizás porque é unha terra que sempre se identificou coa abundancia de chuvia e auga. Pero este pensamento é un erro."

   

 

espa.gif (2151 bytes)   Salir cast.                                                           espa.gif (2151 bytes)   Salir galego.