OURENSE  "TERRA  DA  CHISPA."

A MIÑA TERRA.

 //

A música que poda soar é de Carlos Núñez e leva por título "O canto do afiador".

Os Ourensáns somos coñecidos como paragüeros ou afiladores, polo menos en Galicia. Vexamos por qué se nos chama así:

 

 

 

cuadrito.gif (147 bytes)  Ourense "Terra da Chispa" .  Terra de afiadores.

 

espa.gif (2151 bytes)   Salir                                    galicia.gif (2685 bytes) Saír

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Ourense Terra da Chispa

Afiador. Fotografía do autor da www. Nogueira de Ramuin. Ourense.

Fotografía sacada en Nogueira de Ramuín. Ourense.

" TERRA DA CHISPA".

Hoxe parece que estamos perdendo "esa chispa", xa que non somos capaces de manter o máis bonito da nosa terra : A Natureza.

 

 

 

Efectivamente Ourense é a terra da chispa, homes que recorreron o mundo levando no corazón a súa terra e moita "chispa".

Sello dedicado ó afiador. Ourense nov. de 1999.

O afiador é o símbolo máis universal e o que verdadeiramente identifica a tódolos ourensáns.

Nesta figura,  un sello có motivo do afiador.

A roda de afiar:

Roda.jpg (25221 bytes)

Dibuxo sacado do libriño "Os oficios ambulantes" da Deputación de Ourense.

( No dibuxo unha roda de afiar ou taranzana, o rebolo é o número 5. No número 3 , unha caixiña, levaban todo tipo de ferramentas: martelos, tenaces , alicates, etc.)

A xente lembra os afiadores xa que levaban un chifre, feito de madeira de buxo, que lle servía o afiador de anuncio ou sinal, pra que a xente se acercara para afiar os coitelos, etc.

 

 

O oficio de afiador ou paragüeiro tuvo un gran desenrolo na provincia.

 

Por algo somos a terra da chispa, xa que o oficio consistía en afiar coitelos e navallas así como todo tipo de ferramentas, e cando esto se facía, saltaban chispas no rebolo que era onde se afíaba.

 

Moita xente desenrolaron o oficio fora do territorio galego.

No Concello de Nogueira de Ramuín había dous talleres que fabricaban esta roda de afiar.

A batería da roda era darlle co pé o número 13 ( tirapé ou pedal).

Hoxe xa se fan de motocicletas que se poñen en marcha e fan xirar a roda. Os tempos cambian.

 

 

O afiador. Monumento en Luintra. Fotografía S. Lorenzo.

Atopo en internet este video de "Desde Galicia para el mundo":

sobre os afiladores e a súa terra de Luintra (Ourense)

 

salir.jpg (922 bytes) Ourense Natural:  Broma ou realidade